Cantareliña

Unha festa para os nenos galegos

 

"Nesta hora de reconstruir e potenciar a unidade de Galicia como pobo, a canción infantil é dos factores fundamentais e imprescindibles". Ramón Piñeiro

"O canto é a expresión máis fonda dos nosos sentimentos. Nel sae a emoción, a ledicia, a saudade, a tristeza... as máis diferentes situacións polas que vai pasando o noso espirito. ¡Que ben fora se atopásemos un canto para cada un dos nosos fondos suspiros!. A alma reventa se non se comunica, se non bota fora a forza do sangue pechado no corazón, se non corta a tensión das súas venas. O que canta goza, anque chore ó cantar. Despois do seu alalá, ou seu aturuxo séntese agusto, disentido, relaxado.

A esta forza curativa do canto no terreo persoal podemos unirlle esa outra forza social e comunitaria que, por iso mesmo, é doblemente curatica. ¡Que ven se pasa cando imos a unha romería e rematamos cantando!. Cando imos ou voltamos dunha excursión e alguén se pon a cantar no coche, o espirito entra en calor e aquilo sabe a gloria. Despois dun bo xantar, nunha boda, ou nunha festa, non hai mellor postre que catro pezas anque sexa a medio cantar. Se non cantamos, morremos.

 

Mentras canten os meniños, Galicia será inmorrente

 

O canto é como a fala. E unha maneira máis de expresar o que sentimos. Por iso todo o que axude a favorecer a fala e o canto, ten para nós tanta importancia. A mesma importancia que lle damos á persoa, xa que o que constitúe á persoa é a relación e a comunicación cos demais. E relacionarse cos demais é poder contar ós outros o que somos e sentimos, contarlles cómo vemos o mundo e cómo nos situamos nel. O medio normal de que dispoñemos para todo esto é a fala e, unido con ela, o canto.

Sentimos pena e tristeza ó atoparmonos con unha persoa muda. A mesma pena nos dá cando vemos que os pobos poden quedar mudos, sen fala de seu para expresar os seus propios sentimentos e viven dependendo da fala dos outors e dos candos de fora. Se esto chega a suceder algún día, ese pobo morreu como tal pobo.  O quedar sen fala e sen canto, firmou a súa defunción. Daquela perdeu o máis grande que tiña: os medios de que dispoñía para manifestar os seus sentimentos. Desa maneira perdeuse a sí mesmo. Por iso "mentres canten os meniños, Galicia será inmorrente". Esta é a frase que escollemos os "Saraibas" para dar razón e verdade fonda a "Cantareliña".

 

¿Por qué Cantareliña?

 

Como vedes, cando nos decidimos a organizar este certamen, foi por algo. Non nos move nin razón política, nin razón económica. Moveunos o descubrir a importancia da fala e do canto como medios insustituibles para expresar os sentimentos persoais e colectivos. O mesmo tempo, descubrimos -terrible contradicción- a falta de cantos galegos axeitados para os nenos. Non hai prácticamente ningún. Isto pareceunos moi grave. Sabemos que o neno o abrirse o mundo ten necesidade de falar e cantar. Será un neno mudo e tarado se non pode expresar con normalidade o que sinte e o que vive.

Pero, ademais, soñamos en que "Cantareliña" chegue a ser a gran festa dos nenos galegos. Soñamos en que a final de Cantareliña se vaia celebrando en diversos sitios de Galicia e que os nenos pasen un día de festa xuntos, falando galego e cantando en galego, sentíndose formar parte dun pobo que ten unha maneira común fde expresar os seus sentimentos e unha maneira común de mirar a vida e de estár neste mundo.

Soñamos en que os que sinten ferver nas suas veas sangue galego, e, sobre todo, os que teñen medios e poder para que a Galicia do futuro -os nenos de hoxe- viva sen traumas e sen complexos o seu ser de pobo galego, aporten o seu grao de area. Non teríamos perdón se así non o fixéramos."

Artigo publicado na prensa galega no ano 1983

De todo isto que aquí falamos, fixéronse 8 festivais dende 1983 ata 1991. Oito discos, oitenta cancións inéditas de letra e música. Sería longo de explicar todo o proceso que seguimos neste tempo, para organizar os festivais, a producción dos oito discos, e a edición dos libros con partitura e letras, os concertos de Saraibas, os nosos traballos, as nosas familias, etc... Por desgracia , non tivemos capacidade nin tempo para continuar con este traballo, pero o feito, ahí esta.

 

DISPOÑEMOS DE TODO-LOS DISCOS EDITADOS EN FORMATO "CD", E OS LIBROS CORRESPONDENTES

páxina principal