No ano 1969, escomenza a sua
andadura musical un proxecto que no ano 1.978 daríase a coñecer como
"Saraibas". O obxetivo co que nacía o grupo, e que seguimos
mantendo na actualidade, e a defensa da nosa lingua e da nosa cultura a
traves da música, pero non so enriba do escenario, senón tamén na
vida cotián. E por isto que nos mesmos consideramonos un grupo
comprometido.
Inicamos aquela andadura
Marieli, Enma, Regina, Avelino, Miguel e Martín, formación que o longo
destes anos tivo que ir sufrindo as lóxicas modificacións por mor do
traballo, familia,etc...
|
|

|
Durante todos estes anos
tivemos moitos compañeiros que contribuiron a que Saraibas fose
conseguindo o obxetivo trazado:
Manolo "Bacalau",
Carlos Beceiro (A Musgaña), Vicente Bermudez, Oscar Fernández (Os
Cempés), Paco Román, Mariela Soto, María Gavín, Mari de Meluca, as
irmás "Ces" e Anxela Loureiro.
Lembrar tamén os
nomes de Bernardo Cendán, Lois Antón e Xoxé Miguélez, autores
dalgúns textos musicados por Saraibas, e tamén a Ramón Diaz Raña,
implicado directamente no nacemento e estabilidade do grupo.
|
|

|

|
O noso traballo
facémolo musicando textos de poetas clásicos galegos, recollendo pezas
populares e creando novas cancións. O
contido habitual de todo-los textos fan referencia a cuestións sociais
e políticas da nosa terra tentando darlle nalgunhas un "toque
picante", e tamén sen esquecer outras temáticas.
En todos estos anos,
andivemos "de concerto" por toda Galiza, e ainda fumos sacando
tempo para levar as nosas canciós a: Caracas, Puerto de la Cruz,
Barquesimeto, Maracaibo, Valencia, Festival de Lorient, Zurich, Berna,
Ginebra, París, Bruselas, Amberes, Londres, Munich, Bilbao, Barcelona,
Sabadell, Madrid, etc...
|
|

|
E a historia
continua......
|
|

|