O VIÑO
Letra: Popular-Emma Calvo
Música: Popular-Martín Sanjurjo Sixto
O viño branco é meu primo, e o tinto é meu parente,
non hai festiña no ano, que non vexa á miña xente.
RETROUSO:
Era o viño, miña nai, era o viño; era o viño que a min me gustaba;
era o viño, miña nai, era o viño, era o viño que me emborrachaba;
era o viño, miña nai, era o viño, era o viño mezclado coa caña.
Cando te encontras conmigo, non queres decirme nada;
pra decirme que che gusto, tes que mollar a palabra.
A culpa non che foi miña, cando caín na silveira,
que foi da tiña Rosiña, por plantala tanto á veira.
Non foi soio na silveira, tamén na porta da casa;
pensaches que estba aberta, e esnafraches toda a cara.
Mira se che son bon home, que me gusta perdoare;
o mal que me fai o viño, polo ben que a min me sabe.