REBOLA-BOLA
Letra: Popular-Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Música: Popular-Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Os bos homes desta Terra, queren todos ter traballo,
mentras os capitalistas, gozan téndonos parados.
Moitos falan o galego, con finura e porque é moda,
mais pra falalo con xeito, hai que mamalo na escola.
Trannos a carne de fóra, negocio dunhos larpeiros,
e o que teña bós becerros, que os enterre no palleiro.
Os "Diputados" galegos, sonche boi ben educados,
falan moi ben nesta Terra, e en Madrid están calados.
Galegos oportunistas !, xa se veu o que buscaban,
presumir de Autonomistas, desde a capital de España.
Pediron votos galegos, e non lles tivemos perda,
e agora dan-nos as gracias, cun "estatuto da merda".
Xa temos unha autopista, xa corremos coma un raio,
e as outras carreteiriñas, tocadiñas do "carallo"..
RETROUSO:
Rebola-bola, vós que dis, que dis que deu,
vós que dis que deu na bola, vós que na bola don deu.
REMATE:
Rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,
e eu, como son da familia. tamén quero rebolar.