ROSIÑA E O TRASNO
Letra: Popular-Tía María de Agra de Abaixo
Música: Popular-Martín Sanjurjo Sixto
Fumos Rosiña e mais eu ó muiño, pra que a fariña non foran roubare;
e á media noite por un buratiño, ós dous o "trasno" nos veu a tentare.
Rosiña asustada, colléume a mín, e eu a Rosiña tamén me collín;
despois non me acordo, despois xa non seis, o susto do corpopor fin llo quitei.
E chora a mociña cando me ve, de min se arreda e non sei por qué;
e mentras o "trasno" rí canto quer, do que ó muiño nos foi a facer.
A xente murmura, bon creto lle dou ! e todos pretenden saber qué pasóu;
e mentras o "trasno" ri canto quer, do que ó muiño nos foi a facer.