CARMELA

Letra: Popular-Marieli García Pouso

Música: Popular-Avelino Cinza

 

Carmela berróu por Chinto, na corredoira de abaixo,

porque lle picóu un toxo, que levaba no refaixo.

Moito te arrimas meu Chinto, moito que vas arrimando,

ten cuidado co cigarro, non me queimes o refaixo.

RETROUSO:

Dame Carmela, un bico pequeno. Non cho dou, queridiño, téñoche medo,;

téñoche medo, medo che teño, dame, Carmiña, Carmela, un bico pequeno.

O teu refaixo, Carmela, malo raio cho confunda,

por culpa do teu refaixo, xa me deron unha tunda.

Disimula queridiño, pois sempre fuches moi guapo,

xa tiñas a chepa grande, antes de andar co refaixo.

Moito che dá que falare, o condenado refaixo,

heicho de ter que quitare, polas perniñas abaixo.

Se che deixo ben me quitas o refaixo no camiño,

estáste pasando un pouco, vas leva-las nos fuciños.

 

 

 

VOLTAR A DISCOGRAFIA