GALICIA NAI

Letra: Ramón Cabanillas

Música: Martín Sanjurjo Sixto

Galicia encadeada con ferros de Castela, por fillos treizoeiros e por caciques lobos,

no teu ceo azuado, hai unha nova estrela, ardente e sanguiñenta, agoira os tempos novos.

Irmáns, erguede o berro, de amor e santidade,

Galicia e liberdade, do traballo e do chan.

Son verbas de Dios mesmo, do Dios Todopotente,

co suor da túa frente, gañarás o teu pan !.

Nai galega, que diches o sangue xenerosa, para calmar a sede rabiosa da impiedade,

nos agros de Sobredo, froreceu unha rosa, ardente e sanguiñenta, agoira a liberdade.

Son verbas de Dios mesmo, do Dios Todopotente,

co suor da túa frente, gañarás o teu pan.

Irmáns, erguede o berro, e o legón aferrade,

Galicia e liberdade, do traballo e do chan !.

 

 

 

 

 

VOLTAR A DISCOGRAFIA