OS APROVEITADOS DA FALA
Letra: Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Música: Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Se buscas traballo que seña do Estado, fala castellano "que es más educado",
somente en galego poderas falare, cando veña o tempo de irmos votare.
Se fas un escrito pra o "Gobernadore", soio castellano entende o señore,
e si en galego o queres facer...., dalle garantías dos votos que ha ter.
O falar galego está mui ben visto, pois tamén o falan algunhos ministros,
non é que lles naza é que lles convén, pra busca-los votos de quen-os mantén.
E así queconsiguen o que eles querían, esquenceulles todo o que prometían,
falan castellano por mjuitgas razóns, e o galego queda pra outras eleccións.
Algún "señorito" que o fala hoxendía, é por destacarse dunha minoría,
son ovellas negras da nosa nación, son os que nos foden cando hai ocasión.
A Patria galega terá nova vida, canto todos falen como Rosalía,
a fala galega ha ser a primeira, pra que Gaalicia non seña extranxeira.