CANTIGAS DE AMOR

Letra: Popular

Música: Popular-Regina e Avelino Cinza

A laranxa cando nasce, nasce verde e redondiña,

tamén tí cando nasciches, nasciches para ser miña.

Polas rosas que me deches, catro biquiños che dei,

á primeira que collín, prendada de tí quedei.

RETROUSO:

E tí vira, vira, tamén viro eu,

teu pai é meu sogro, teu amor son eu.

Non te troco, miña prenda, non te troco, meu amor,

nin pola prata do mundo, nin polo ouro do sol.

O meu corazón che dou, pechadiño cunha chave,

despecha e métete dentro, que sendo soio ben cabes.

As bagoiñas dos teus ollos, son com-as aguas do mar,

queen vez de matarme a sede, muita máis sede me dan.

Dame do peito un suspiro, dos ollos unha mirada,

co teu parolar de amores, un anaquiño da alma.

 

 

 

 

 

VOLTAR A DISCOGRAFIA