¡ OS DEREITOS HUMANS !
Letra: Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Música: Popular-Manuel Alonso ("Bacalao")
Xanciño mrchou á vila, consultar co abogado,
regaloulle unha pitiña, e faloulle "castellano".
RETROUSO:
Que probes que somos, a xente da aldea
que ainda mantemos a quen nos torea,
a quen nos torea, e toréanos ben,
a culpa eche nosa, non che é de ninguén.
--E así lle respondeu o abogado:
"Mire Vd.. La Seguridad Social, es la se-gu-ri-dad.
Pero, si quiere Vd. vivir tranquilo, deje al Médico del Seguro,
váyase a Santiago y consulte con uno de pago".
Xanciño voltou prá casa, pensativo e cabreado,
chorando foise pra cama, co reuma no espiñazo.
Toda a noite sin dormire, decide coa sua mullere,
a Santiago sairen nun turismo de alquilere.
--E así lle respondeu o doctore:
--"Le aseguro a Vd., que lo suyo es de pronóstico. Don Juan, no
puede Vd. trabajar más. Lo que tiene que hacer, es acogerse a la
Seguridad Social".
O Xan pagou ben cartiños, por palparlle o espiñazo,
veuse pra casa fodido, cos dolores aumentados.
Os parentes e veciños, din que todo ten amaño,
que regale "xamonciños" ó fillo do Segredario.
--E así lle respondeu, o fillo do Segredario:
--"La cosa no está nada fácil. Le aseguro a Vd., que los tiempos
están muy malos. Pero, por lo que se ve....., miraremos
y haremos lo que se pueda".
Recolléronlleos xamóns, e voltou coa esperanza,
que lle deran a razón dos males da sua espalda.
Pasaron logo dous anos, e o Xan non sabe nada,
O dos dereitos humanos, e todo unha trangallada.