Discografia e letras

 

  1980 Unha terra, un pobo, unha fala

Gravado nos estudios Audiofilm de Madrid, no mes de Maio de 1.980. Miguel: Voz, guitarra e armónica. Marieli: Voz. Emma: Voz. Regina: Voz. Avelino: Voz, frautas e percusión. Martín: Voz, guitarras e violín. 

As cancións: Nación.- Maruxa.- Os capadores.- Galego na escola.- Saraibiñas.- O Viño.- Rebola-bola. - Rosiña e o trasno.- O vello.- Chorima.- Carmela.- Galicia Nai.-

   1981 Xa non podemos calar

Gravado nos estudios Audiofilm de Madrid en Abril de 1981. Os mesmos compoñentes que no primeiro disco, coa incorporación naquel ano de Manuel Alonso "Bacalau" na voz e guitarra.  

As cancións: Os aproveitados da fala.- Cantigas de amor.- Os dereitos humáns.- A festa do pan trigo.- Toniño.- Xa non podemos calar.- ¡Ai galeguiños!.- Cantiga dos segadores.- ¿Quen amañará o país?.- O tabaqueiro.- Por se chega a primaveira a nosa terra.-

   1986 Careca

Tamén gravado nos estudios Audiofilm (Madrid), nos días 7-8 de febreiro e 14-15 de marzal do ano 1986. Da formación inicial seguían Miguel, Martin, Marieli e Avelino, unhos anos atrás incorporanse Paco Román (guitarra), Mariela Soto (voz), María Gavín (voz) e Oscar Fdez. Sanjurjo (Acordeón, arpa, frauta traveseira, gaita e un longo etc.). Paco, Mariela e Maria deixarían o grupo un pouco máis tarde, e unhos anos despois Oscar formaría o seu propio grupo, "Os Cempes". Destacar tamén a grande colaboración con nos, dende sempre, de Carlos Beceiro (A Musgaña), tanto nos arranxos, como na sua participación neste disco co baixo electrico e contrabaixo.   

As cancións: Os carecas.- Chirimbaina.- Os doce sentidos.- Cantade connosco.- Retrancas.- A terra dos dous.- Saudade do emigrante.- Carballo.- Cando sofre o pobo.- O teu paxariño nena.-

    1991 Camiño Longo

Gravado no noso local de ensaio, en San Sadurniño, co estudio movil da Radio Galega. Tra-los obrigados trocos no grupo, mantiñanse na formación: Martín, Miguel e Avelino. Incorporabanse Amparo Calvo, Anxela Loureiro e Vicente Bermúdez. Tamén neste traballo, tivemos a colaboración de Carlos Beceiro no baixo e na guitarra portuguesa. Miguel: voz e teclados. Amparo: voz, frauta, gaita e percusión. Anxela: voz e percusión. Vicente: gaitas, frautas e percusión. Avelino: voz e frautas. e Martín: voz e guitarras.   

As cancións: Mozo do sombreiro.- Bandada de pombas.- Manoeliño.- Canto a un pai.- Mil primavera mais.- Amor no portal.- Sete cuncas de papas.- Penouseira (instrumental).- A vaca marela.- Adeus a Xosé Afonso

    1996 Cancións para un ano

Gravado nos estudios da Radio Galega, en Santiago. Este e un traballo monográfico, que contén exclusivamente cancións populares, referidas cada unha de elas as distintas épocas do ano, os maios, a sega, o nadal, o antroido, etc... As cancións foron seleccionadas pola nosa compañeira Anxela Loureiro, autora tamén do libro que contén as cancións coas suas letras e música, e que foi editado por Edicións Xerais. Cando se fixo esta gravación xa estaba incorporado ó grupo Juanjo Porta. Juanjo, que estivo emigrado en Francia dende pequeno, foi colaborador do grupo Malicorne, así como tamén, en distintas ocasións de Gwendal. Nesta gravación, contamos coa colaboración no violín do noso amigo Pancho Alvarez. 

As cancións: Orapún.- O maio.- A seitura.- Dean-lo aguinaldo.- Fía no roca.- A silva no chan.- Cantámosche os reises.- O entroido.- Has de cantar.- A run, run.- Aquí vimos.- Alumea o pan.

    1999 Cantamos para poder voar

Gravado nos estudios Areamaster (Vigo) entre xullo de 1998 e febreiro de 1999. Este e un traballo que Anxo Maciel nos encargou para a sua productora,"Chorima". Neste traballo contamos coa colaboura de Pancho Alvarez (violín e bouzuki), Paco Dicenta (Baixo), Carlos Castro (percusións) e o noso bon amigo Suso Iglesias (acordeón) do grupo Liorna que nos acompaña cando pode nos concertos en directo.

As cancións: Namorados.- O moer da muiñeira.- A "xunta" da culata.- Andoriñas.- Camiño Longo.- Non preciso máis.- Tóxicos.- Vivencias.- Teoría da arbre.- O dedo sen uña.- Ameliña, Amelia.- Pantalón remontado.- Nai Galicia (xa editada no primeiro disco)

Páxina Principal