A FESTA DO PAN TRIGO
Letra: Xoxé A. Miguélez Diaz
Música: Martín Sanjurjo Sixto
Consolade ó meu povo, daille agarimo,
non lle dá ben o pranto, dádelle mimo,
non lle dá ben o loito, dádelle riso,
o gran día que agarda, ven de camiño.
Preparade unha festa, con algorío,
amañádelle a mesxa, ven un pan-trigo,
amasado no povo, no amor cocido,
entregado a patria, de si esquencido.
Un pan ledo prá vida, ven de camiño,
é un pan novo no forno, mol e branquiño,
o pan que sementaron moitos vencidos,
patriotas galegos, hoxe pan-trigo.
Preparade unha festa, con algorío,
amañádelle a mesa, traede o viño,
todo o povo galego, ven do esgarrío,
a unha festa chamado polo pan-trigo.