TONIÑO
Letra: Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Música: Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Andaba Toniño detrás de Maruxa, rosmáballe a porta como unha coruxa,
de noite e de día Toniño falaba, e a probe Maruxa, xa estaba cansada.
---Toniño, non volvas! --Maruxa, qué dis?
--Co mango do raño, rómpoche os cadrís.
Pasou algún tempo coa mesma porfía, astra que do Santo, veu a romería.
Bailaron na festa rapaces e mozas, Maruxa con uns, Toniño con outras.
Pola corredoira, de volta prá casa, Toniño rouboulle un bico a rapaza.
--- Toniño, qué fas? --Non-o ves, miña prenda ! --Tí déchesme un bico !
--Eu dín, miña reina ! --Ladrón, que fixeches? Probiña de mín !
--Rebúleme, o corpo, es ben galopín.
Quedáronse soios os dous no camiño, e o resto dos mozos ríanse baixiño.
E a historia finou, casáronse os mozos,
xa manda Maruxa,... ¡ Toniño está "roxo" !.