¡ AI GALEGUIÑOS... !

Letra: Miguel Angel Sanjurjo Sixto

Música: Popular-Martín Sanjurjo Sixto

Ai galeguiños, ¿por qué estades tristes?, ¿qué condanado vos aconteceu?

A autonomía que caeu nun pozo, e deu un suspiro e despois morreu.

RETROUSO:

¡ Ai meus amigos, canto hai que oir!

Unha cousiña e predicar, outra cousiña e repartir,

imos cantar por non chorar, ímonos rir.

Ai galeguiños, ¿qué-é o que vos parecen, os conselleiros que temos eiquí?

Fan-nos ver branco onde soio hai negro, son uns artistas, isto é conto vello.

Ai galeguiños, ¿quén na nosa terra, siguen vendendo mais de algún favor?

Teñen un nome que a xente repite: unhos din cacique, e outros din señor.

 

 

 

 

 

VOLTAR A DISCOGRAFIA