A CANTIGA DOS SEGADORES
Letra: Xosé A. Miguélez Díaz
Música: Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Soñamos que era a terra un inmenso vilar, e inmensa nela a colleita nacía;
soñamos que era a patria unha espiga frolecida, de amorosiños trigais sin espiñas;
soñamos que Galicia era un camiño aberto, con bos guieiros pra andarmos a vía.
RETROUSO:
Xuntarei presa a presa, un pan mol prò filliño,
un pan novo prò povo, un pan quente pró amigo,
e faremos a gran festa.
Era fero o valeiro da agra e autonamos, e a terra brava fíxose ledicia:
era ermo o valeiro na agra e traballamos, e o ermo povoouse en espigas;
era inmenso o valeiro na agra e sementamos, e o valeiro enche hoxe a nosa risa.
Coidamos que morrias, ¡ tan longa era a secura ! choveu auga a Dios dar, sin medida;
coidamos que afogabas, tan mestos os torbos, espaleceu o ceo coa sorrisa;
coidamos que crebabas tan persistente o frío, veu o sol amoroso e trouxo a espiga.