¿QUEN AMAÑARA O PAIS?
Letra: Martín Sanjurjo Sixto
Música: Martín Sanjurjo Sixto
Si os labregos soio acadan, facer rico ó empresario.
Si nos arrasan as fragas, e deixan o chan queimado.
RETROUSO:
¿Quén amañará o pais, quén vai poder amañalo?
Si saen barcos pra pesca, e veñen escorrentados.
Si os mesmos fillos da terra, son pra ela renegados.
Si emigran homes e cartos, e aquí xa non hai traballo.
Si Galicia segue a ser, paradiso de abogados.
Si quen ten carreira abusa, estando tan ben pagado.
Si soio poñen industrias, no pais pra emporcallalo.
Si de obreiros e labregos hai pouquiños estudando.
Si somente hai desprecios, prós que teñen nas mans callos.