O TABAQUEIRO
Letra: Popular
Música: Popular-Marieli García e Emma Calvo
Se tí queres e eu quero nena da cara redonda,
se tí queres e eu quero, unha cama ben abonda.
Teño unha porca na corte, con falla de compañía,
vaite deitar xunta dela, podes sacar boa cría.
RETROUSO:
E véndeme os bois, e véndeme as vacas,
e non me vendas o pote das papas,
véndeme a cunca é o cu queiro, e non me vendas o meu tabaqueiro.
Como te pille no prado, como te pille máis veces,
heiche de meter no corpo, herba para nove meses.
Anque presumes de tipo, e non es de todo feo,
pódesme pillar no prado , non che teño ningún medo.
Abreme a porta rapaza, sen nón entro polas tellas,
teño un rapaz empezado, e faltanlleme as orellas.
Os homes cando pretenden, comenzan muitos traballos,
os que son coma vosoutros, nunca chós dan acabado.
O que ten a muller fea, grande regalía ten,
traballa coma unha negra, non lla cobiza ninguén.
Os homes cando pretenden, muito mel, muita manteiga,
e despois de casadiños, sei que os veu algunha meiga.
Carmiña ten sete saias, sete saias se lle ven,
debaixo das sete saias, ten a máquina do tren.
Aquel que anda no baile, sacode ben os calzós,
quen lle dera dentro deles, un ferrado de abellóns.
Sempre me andas preguntando, pr-onde vou, e d-onde veño,
méteme a man na petrina, verás que paxaro teño.
O tabaqueiro dos homes levo eu no meu refaixo,
se queres algo d-aquelo, méteme a man por debaixo.