MOZO DO SOMBREIRO
Letra e Música: Popular
Mozo do sombreiro gacho, somellas un estudante,
achégaste moito a ela, ¡ mala centella te chante !
RETROUSO:
Eu non seis o que me deches, que non te podo olvidar (e),
de día no pensamento, e de noite no soñar (e).
Mozo do sombreiro torto, ven aquí polo dereito,
que che quero preguntar (e), o mal que che teño feito.
Pon o sombreiro de lado, pra que me vexan o pelo,
nin por iso es mellor mozo, nin te has de casar máis cedo.