"MANOELIÑO"
Letra: Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Música: Martín Sanjurjo Sixto
Ofreceuse Manoeliño, ó San Benito de Lérez,
pra lle pedir unha moza, como as que saen na "tele".
O San Benito faloulle, puxo cara de empresario:
--Manoel, Manoeliño, teste que apuntar no paro.
RETROUSO:
San Benitiño de Lérez, fai un "Milagre de Estado",
búscalle a Manoeliño, traballo de namorado,
que nos labores do amor, é o máis adiantado.
O San Benito de agora, non che é como o de antes,
trafica con influencias, igual cós gobernantes.
Por iso Manoeliño, se queres rapazas guapas,
déixate de intermediarios, nin de farrapos de gaitas.
Non desesperes Manoel, e non pérda-la paciencia,
que para entrar no amor, e como na "residencia".
Que se te tes que operar, e non entras por urxencias,
voltaremos a tocar, "tráfico de influencias".