CANTO A UN PAI

Letra: Bernardo Cendán

Música: Martín Sanjurjo Sixto

Se fóra-la muller, que acaneara os soños,

todos verían ben, o que a facer me poño.

Pro, non es máis ca un pai, que puxo a anda-la vida,

do fillo que se vai, prá libre lonxanía.

Dende a miña distancia, ainda que non se leva,

pra tí, meu pai da infancia, eu canto este poema.

Eu canto á liberdade, que en mín tí sementaches,

pra que a miña verdade, libremente atopase.

Eu canto á liberdade, que sempre respetaches,

na miña mocedade, que tí acompañaches.

Canto ó amor do fogar, o consello prudente,

o saber agardar, o estar sempre presente.

Dende esta lonxanía, onde a vida me leva,

tí, que me abriche-los días escoita o meu poema.

RETROUSO:

Xa sei que non é moda, xa sei que non se leva,

xa sei que non se aproba, facer pra tí un poema.

 

 

VOLTAR A DISCOGRAFIA