MIL PRIMAVERAS MAIS

Letra: Miguel A.Sanjurjo Sixto-Ramón Díaz Raña

Música: Martín Sanjurjo Sixto

Irmán galego, fillo da terra, co vento ceibe canta pra ela

un verde cantar (e) de esperanza cega.

Irmán galego, fillo da terra, enche os teus ollos de amor por ela,

amor de quentura, ardente e serea.

Irmán galego, fillo da terra, fai do teu sangue, río de estrelas,

túa nai deuche o sangue, que levas nas veas.

Irmán galego, fillo da terra, planta no peito unha roseira,

túa nai quer ter flores, ó chega-la primavera.

Irmán galego, fillo da terra, tí es fonte viva, tí es lúa chea,

mentras tí sexas, serao ela.

RETROUSO:

Mil primaveras máis, queremos pra nosa terra,

mil primaveras máis, cheiñas de roseiras.

 

 

 

 

VOLTAR A DISCOGRAFIA