SETE CUNCAS DE PAPAS
Letra: Popular
Música: Popular-Anxela Loureiro
Sete cuncas de papas de millo unha vella comeu,
reventoulle o cordón do xustillo de tanto que encheu.
Tiña fame e comeu outras sete e máis recuncou,
fixo como unfoguete no aire, ¡ chispún! e estoupou.
Morra a marta, morra farta, non deixes unha chisca,
máis val morrer dunha enchenta, e non de sete lambiscas.