OS CARECAS
Letra: Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Música: Popular-Francisco Román (Paco)
RETROUSO:
Careca AP e o PSOE, careca o BLOQUE e o PSGA,
e a COALICION GALEGA, tamen quere carecar.
Dixeron todos que o que querían era millorar,
Albor e Fraga, Felipe e Laxe falan do mañán.
Mais Camilo e Mariñas non se che quedan atrás;
porque Beiras ven puxando non se poden descuidar.
Agora queren autonomía, e non a podían ver;
e os que a querían non fala nada: quérena esquencer.
Isto é unha empallada moi difícil de entender,
aquí seguirá mandando o que mais cartiños ten.
Para os galegos ser europeos non é novedade;
conservadores ou socialistas póñennos a andar.
Foiche culpa dos primeiros, que tivemos que emigrar,
e os segundos non fan nada, para podelo evitar.