CANTADE CONNOSCO
Letra: Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Música: Miguel Angel Sanjurjo Sixto
Escoitei unha cantiga, ó pasa-la carballeira;
cantaban soio en galego, volvoretas voandeiras,
os paxariños e o vento, todos da mesma maneira.
Pra quen a sabe escoitare, astra as follas teñen fala,
por iso na nosa Terra, teñen onoso falare.
Se o cantar da túa Terra, non che fai ferve-lo sangue,
non digas onde naciches, nin fales da Terra a naide,
que é vergonzoso pra un home, que o chame a nai e non ande.
Fixeron o noso cantare, labregos e mariñeiros,
e aqueles que non o aprecian...., de galegos nin falare !
RETROUSO:
Cantade connosco, bailade tamén, xuntémonos todos pra que vaia ben;
pra que vaia ben, pra que vaia ben, cantade connosco, bailade tamén.