RETRANCAS
Letra: Popular
Música: Popular-Avelino Cinza
Chamácheme pito cairo, porque nacín no xaneiro,
se me non come o raposo, hei cantar no teu poleiro.
A primeira vez que volvas, non veñas aquí bater,
xa me cheiran montañeses, xa me cheira o teu querer.
Miuiña, se che pesou, polos bicos que me deches,
ti darásme os que che dei, eu dareiche os que me deches.
Os rapaciños de agora, venden o pan da merenda,
para merca-la bufanda, e darse moita fachenda.
Ai ! que pereira tan alta, ai ! que peras tan maduras,
ai ! que nenas tan bonitas, quen che mas dera nas uñas !
Para que queres palomas, se non tes o palomare,
para que pretendes nenas, se nos pas podes gozare.
Quítate de diante, quita, cara de sartén queimada,
que se me arrevolve o corpo de mira-la túa cara.
Cuspindo a tódolos lados, pau na man torto da vista,
para decirche quen eres, quen me dera un retratista.
Adios, rapaciña, adiós, eu para tí xa non era,
anque máis altos navíos navegan con menos vela.
A despedida che dou, con rosas e caraveles,
pois según vou entendendo, a despedida tí queres.