SAUDADE DO EMIGRANTE

Letra: Popular

Música: Martín Sanjurjo Sixto

Cando sain de Soutelo, os meus ollos eran fontes,

adiós monte de Soutelo !, adíos Soutelo de Montes !

Maruxiña, se te vas, déixame unha relembranza,

o pé co carballo verde, un ramiño de esperanza.

Todos preguntan que teño, que dei en entristecer (e),

como ter non teño nada, pero algo quixera ter (e).

Vin-a morte e nn chorei, porque sei que me quería,

temín que lle dese pena, se os meus saloucos ouvía.

O que nunca estivo lonxe, non sabe o que é padecer (e),

de lonxe as penas aumentan, pra quen sabe o que é querer.

Soidades danme dos campos, das viñs e vendimadas,

dos paxariños cantando, das tardes e madrugadas.

 

 

 

 

 

VOLTAR A DISCOGRAFIA