CANDO SOFRE O POBO
Letra: Xosé A. Miguélez Díaz
Música: Martín Sanjurjo Sixto
Cando sofre o pobo, sofres tí con el;
e se o pobo loita, loitas tí con el;
e se o pobo baila, bailas tí con el,
O meu pobo, sofre, loita, baila, eu quero estar con el.
Cando o pobo pensa, pensas tí con el;
e se o pobo fala, falas tí con el;
e se o pobo pide, pides tí con el;
O meu pobo, pensa, fala, pide, eu quero estar con el.
Cando o pobo fuxe, fuxes tí con el,
e se suda o sangue, sudas tí con el;
e se arde o pobo, ardes tí con el;
O meu pobo fuxe, suda e arde, eu quero estar con el.
Na vida e na morte, hei de estar con el,
no gozo e na festa, hei de estar con el;
con sol e con auga, hei de estar con el;
Co meu pobo en vida, amor e morte, eu hei deestar con el.