O TEU PAXARIÑO, NENA
A Dª Antonia Veras Sanmartín, do Ferrol
Letra: Popular
Música: Popular-Oscar E.Fernández Sanjurjo
Paxariño millarengo, non póña-lo pé no toxo,
que eu ben sei como che gustan, as nenas do pelo roxo.
O paxaro cando chove, mete o rabo na silveira,
así faia boa moza, cando non hai quen a queira.
O teu paxariño, nena, anda nas miñas cereixas,
come, paxariño come, verémo-las que me deixas.
O teu paxariño, nena, anda no meu arboledo,
ándache de pola en pola, logo brincará no medio.
Por aquí pasou un aire, cunha man na aguillada,
voume quentar que vai frío, á casa da tecelana.
Por aquí pasou un aire, cunha man na faltriqueira,
voume quentar que vai frío, á casa da costureira.