NAMORADOS

Letra: Popular

Música: Popular-Juanjo Porta e Vicente Bermúdez

O soliño cando nace, á túa porta vai dar(e),

non é milagre que eu te busque, cando o sol te vai buscar(e).

Favores que me fixeches, na cara mos vas votando,

favores non dan amores, libre quedo en chos pagando.

Favores non dan amores, libre quedo en chos pagando.

Se tí me quixeras moito, xa me viñas a buscar,

como a auga busca o río, como o río busca o mar,

como o río busca o mar, ai la la la la, ai la la la la.

Non hai amor verdadeiro, coma o amor dos paxariños,

eles non teñen diñeiro, e que ban fan o seu niño,

e que ben fan o seu niño, ai la la la la, ai la la la la.

Se tí me quixeras moito........

 

 

 

 

 

VOLTAR A DISCOGRAFIA