MARUXA
Letra: Popular
Música: Popular-Avelino Cinza
Achégate a min, Maruxa, achégate moreniña,
ti has ser miña mullere, ti has ser a muller miña.
Moitas frores hai no campo, tamén as hai no xardín
anque teñas moitas leiras, non te quero para mín.
Se me queres amar nena, ama que pouco che costa,
amor con amor se paga, nunca vin cousa mais xusta.
Non poñas o pé no meu, nin a man na miña saia,
que anque son moza solteira, espero de ser casada.
RETROUSO:
E se vas á herba, heiche de ir erguer,
dareiche un abrazo, ai! Maruxiña do meu querer.
Un abrazo non!, que nos ve meu pai,
e despois na casa meu queridiño vaime berrar.