O MOER DA MUIÑEIRA

Letra: Popular

Música: Martín Sanjurjo Sixto

E a muiñeira moe, moe, e a muiñeira moerá,

e a muiñeira embarca embarca, e a muiñeira embarcará.

Aquela vella de Riba de Meira, de día moe, e de noite peneira,

porque era uso daquela terra, i o peneireiro decoté sin vela.

Minguilitín, matou á muller, fíxona en cachos e foina vender,

todos pensaban que era touciño, era a muller de Minguilitiño.

E a muiñeira moe, moe, E a muiñeira........

Margaritiña remenda o refaixo, lévalo roto por riba e por baixo,

lévalo roto por baixo e por riba, Margaritiña remenda a mantilla.

E a muiñeira moe, moe. E a muiñeira......

Acola enriba, naquela peneda, ándache un galo i unha pita cega,

o galo canta, a pita berra, iste e o demo que anda na terra.

Acola enriba, no monte da iacha, taba unha vella rascando a ferracha,

i acola embaixo no río do allo, quedaba un vello movendo o ferrallo.

E a muiñeira moe, moe. E a muiñeira......

 

 

 

VOLTAR A DISCOGRAFIA