VIVENCIAS
Letra: Miguel A. Sanjurjo Sixto
Música: Martín Sanjurjo Sixto
Non ten sentido, o cantar, que non reflexe vivencias,
da terra, do ceo ou mar, de amores ou de experiencias,
pensando na terra canto, o que me fala a conciencia.
Cando de mín, se fala ben, dou as graciñas, e voume,
non quero non, chegar a ser, o que son algúns homes,
que pagan por escoitar, que se pronuncie o seu nome.
Non ten sentido, o cantar.......
Non son ninguén, entre os cantores, nin entre ilustres poetas,
eu son do pobo, compañeiros, e dos que fan a historia a secas,
e son pra mín as aldraxes, dos que polo pobo mexan.
Non ten sentido, o cantar.......
Teño a vulgar, expresión, daquela xente, chamada inculta,
esa é a miña, condición, pero non sei, se é miña a culpa,
vai no fondo, o sentimento, do pobo que nada oculta.
Non ten sentido, o cantar......