O DEDO SEN UÑA
Letra: Popular
Música: Popular-Martín Sanjurjo Sixto
Un "dominjo" pola tarde, cosendo estaba Carmiña
sentada na eira ó sol, cantando na maruxiña.
Cuando "detrás dela oyó", un rapaz que lle decía:
--Parece que estás contenta, pois deus nos dé alegría--
--"Valjatodemo" Manolo, que a fé me metiche medo,
pois co susto que levei, clavei a "ajulla" nun dedo.
--Pois non te asustes Carmiña, "porque bein lo sabes tú",
que a mi lado non pereces, como deus me dea salud.
--Quen se fía dos rapaces, que sóde-lo quinto demo,
mais pra "enjaña-las rapazas, pareceis santos do ceo".
--Pois las mozas se deus quer, tamén sodes zalameras,
que para enjaña-los rapaces, hasta pintais las orejas.
--Pois los mozos tamén sodes, pelexís e calaveras,
co que janais non vos cheja, pra jastar en borracheras.
--Tes unha lenjua Carmiña, que a fe, chejaba pra sete,
cuando borracho me viches, pra decir o que dixeches.
--Vinte no mes de febreiro, polo día de San Blas,
que me pediches un beso, i aljuna cosita más! ...
--Eu non era de borracho, nin de cousa parecida,
era por querer probar, a ver que tal leite tiñas.
--Pois boa pena levaches, que te quedaches coas janas,
eu non son desas rapazas, que se fían de palabras.
Pois deixémonos de contos, porque é pasa-lo tempo,
se che parece Carmiña, tratemos de casamento.".
Aquela noite Manolo, non durmeu máis que unha hora,
andivo amañando asuntos que necesitan pra boda.
Avisaron ós parentes, o cura, i o sacristán,
e o sábado seguinte, casaron pola mañán.
E na mesma sacristía, que estaba ben adornada,
eles i os acompañantes, alí tomaron a parva.
Despedíronse de todos, e tamén do señor cura,
e marcharon pra estación, da cabalo dunha burra.
Fóronnos acompañare, o padriño e a madriña,
e ó despedirse Manolo, estas palabras dicía:
--"Non sei que diaño foi, que levo "un dedo sin uña",
de paso vouno lavar á capital da Coruña"..
Por fín chegaron aló, co "seu dedo tan inchado",
"e ós tres baños que lle deu, xa lle quedou descansado".
I ajora xa están na casa, el e a pobre da Carmiña,
"el xá ten o dedo sano"
"i a ela, inchoulle a barriga".