AMELIÑA, AMELIA

Letra: Popular

Música: Popular-Juanjo Porta e Xela

Ameliña, Amelia, non seas carota,

ven e dame un beixo, desa túa boca.

Desta miña boca, non cho podo dare,

ta meu pai alerta, pódeme raiare.

Ta teu pai alerta, anque raie, non é non,

Ameliña, Amelia, do eu corazón.

O meu corazón, e coma unha pedra dura,

fai como a laranja, cuando está madura.

Cuando está madura no seu verde madureiro,

así fan os mozos cuando están solteiros.

O que está solteiro fai a cama onde el quere,

í o que non a fai, é que ten mullere.

Ameliña, Amelia, non seas carota,

ven e dame un beixo, desa túa boca,

ven e dame un beixo, desa túa boca.

 

 

 

 

VOLTAR A DISCOGRAFIA